JClic
JClic é un proxecto do Departamento de Educación e Universidades da Generalitat de Cataluña que está formado por un conxunto de aplicacións de software libre que permiten crear diversos tipos de actividades educativas multimedia: quebracabezas, asociacións, exercicios de texto, encrucillados, sopas de letras e outros. Ademáis, a zonaClic dispón dunha biblioteca de actividades que conta cuns 1000 proxectos que crearon profesores e persoas doutros colectivos que quixeron compartir solidariamente o seu traballo.
Este módulo permite ao profesorado engadir a un curso calquera actividade de tipo JClic e recopilar os resultados obtidos (tempo empregado para cada actividade, intentos, acertos, etc.) para cada alumno.